Saturday 20 de April de 2024

O Concello de Lousame abre a inscrición nas escolas deportivas municipais, que este ano terán lugar no polideportivo municipal


O Concello de Lousame abre o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais para o curso 2021-2022, nas que oferta un total de sete modalidades deportivas: fútbol sala, voleibol, bádminton, tenis, baloncesto, psicomotricidade e predeporte. Máis información e inscricións na oficina municipal de Deportes ou ben chamando ao 981 82 57 80.

O concelleiro de Deportes, Jesús Martínez, explica que “por mor da pandemia da Covid-19, este ano as escolas deportivas municipais se impartirán no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, á saída do colexio e a partir das 15:40 horas, polo que as familias deberán lembrar que neste curso a recollida dos seus fillos e fillas será no polideportivo, non no colexio”.